Educación, lectura e compromiso.

Biblioteca do IES Auga da Laxe (Gondomar, Pontevedra). 2009

Biblioteca do IES Auga da Laxe (Gondomar, Pontevedra). 2009

Con este título, “Educación, lectura e compromiso”, publicara un artigo no número 173 da revista Grial, en 2007, dentro do monográfico dedicado á “Lectura pública. Un dereito da cidadanía”. 

“Urxe un cambio de actitude no profesorado, no referente ao seu papel como mediador, pasando deliberadamente á acción: acompañando ao alumnado no seu achegamento aos libros, tamén na adolescencia; graduando os textos propostos de cara a unha maior complexidade temática e formal; formándose no coñecemento das obras literarias dispoñibles para os lectores novos; habilitando espazos e tempos para a lectura no ámbito educativo; incorporando estratexias que se sabe xa que dan resultado, imaxinando outras; implicando ao propio alumnado na selección e adquisición de libros para as bibliotecas (hai experiencias valentes  neste sentido); pensando basicamente nos nenos e adolescentes como seres curiosos, promovendo a curiosidade e as ganas de saber; cuestionando as lecturas acomodaticias e simples, demandando publicacións de calidade; creando ambientes lectores nos centros; actuando como modelos de lectura; esixindo recursos materiais e humanos para a dotación das bibliotecas escolares, empregándoas alí onde tratan de existir, colaborando á súa presencia; incorporando as novas tecnoloxías na promoción da lectura; recuperando (na medida do posible) o entusiasmo pola educación como medio capaz de producir cambios sociais. Desdramatizar os resultados dos índices de lectura, tamén é necesario: a lectura como hábito non é unha obriga, é un dereito: facilitar os medios para que o alumnado teña acceso libre aos libros e capacitalo para unha lectura competente é, basicamente, a responsabilidade do sistema educativo. A elección de facerse lector habitual é xa unha cuestión persoal. E a influencia das familias e da sociedade en xeral é tamén definitiva.”

Artigo completo: Educación, lectura e compromiso.

Share

Deixa unha resposta