Sobre clubs de lectura nas Bibliotecas Escolares de Galicia. No momento da gravación desta entrevista (2009), había aproximadamente 150 centros de ensino secundario nos que funcionaban grupos de lectura (un ou varios), agrupados no “Club de Lectura”. Neste curso 2013/2014 están en funcionamento clubs de lectura nun mínimo de 210 centros, con apoio da Administración educativa. Fóra destes, existen tamén clubs de lectura en centros de ensino primario. Máis de 7.000 lectores, entre profesorado, alumnado e familias, conforman unha masa crítica lectora que comeza a terse en conta, especialmente cando se publican os libros máis lidos nestes clubs.
En 2010, o portal Libro Abierto, do programa de Lectura e Bibliotecas Escolares, da Consejería de Educación da Junta de Andalucía, publicaba este artigo sobre os clubs de lectura en Galicia. Pasaron moitas cousas desde entón , os clubs teñen avanzado moito no seu labor de construción de sociedade lectora, pero os inicios están aquí narrados e documentados:
Construyendo sociedad lectora: clubs de lectura en centros de ensino secundario de Galicia.