Pasou moito tempo desde a última entrada neste blog pero teño toda a intención de retomalo e ir incorporando aquí artigos e outros traballos destes últimos anos, así como fotografías e reflexións sobre os temas que me moven, me ocupan e me preocupan. Polo momento ando, coma este muíño deseñado por César Manrique, catando ventos…