Primeiro dos tres vídeos que se gravaron nunha mañá de primavera de 2016 na cafetería do CGAC para un proxecto da Subdirección Xeral de Bibliotecas: Recursos para á animación da lectura nas familias. Ramón Vilar e R. Noguerol (Ronsel de Ideas) tiráronme da lingua e así foi saíndo.
A conversa xiraba arredor das prácticas que poden axudar a construír lectores e lectoras desde a casa. O material audiovisual é un complemento ao monográfico “A lectura, unha chave de futuro”.