O espazo creativo é un lugar de apoderamento para nenas (e tamén para nenos con poucas habilidades de manipulación). Pódense facer moitas cousas moi diferentes, con distinto nivel de esixencia en canto a habilidades, é un lugar para experimentar e coñecerse. É un espazo para a educación en igualdade.
En decembro de 2018 a revista EDUGA, da Consellería de Educación, publicou este artigo que escribira a partir duns materiais preparados para unha formación a distancia que me encargaran fóra de Galicia sobre os maker spaces nas bibliotecas escolares. Trataba así de aclarar que viñan sendo os espazos maker que estabamos a impulsar nas bibliotecas escolares galegas, en que consistían, cales eran os seus obxectivos, as claves para a súa organización e funcionamento, as súas vantaxes. En definitiva, cal era o seu sentido nunha biblioteca escolar. Dende entón son moitas as bibliotecas escolares que foron mudando en bibliotecas creativas e camiñando cara ese “centro creativo das aprendizaxes” que se pretende.
O artigo completo aquí: “As bibliotecas escolares, lugares para a creación e a experimentación”.