Sobre biblioteca escolar, unha conversa curiosa

En novembro de 2019 acudín a Salamanca, convocada pola Universidade e a Biblioteca Pública da cidade, no contexto do Salón do Libro Infantil y Juvenil de Salamanca, que se celebraba entre o 23 de novembro e o 1 de decembro. O 27 de novembro participaba nunha mesa redonda titulada “Tantas bibliotecas como lectores”, moderada pola directora da Biblioteca Casa de las Conchas, Nona Domínguez. Previamente, as integrantes da mesa participamos nunha emisión de Radio Usal, a emisora da Universidade, no programa Caja de Resonancia, sobre libros, literatura e bibliotecas que semanalmente dirixe Nona Domínguez.

“¿La biblioteca escolar es todavía la hermana pobre de las bibliotecas?”

A condutora do programa fíxome unha pregunta ben curiosa, das que descoloca nun principio… pero deume tempo a explicarme. Ás veces a percepción que se ten da biblioteca escolar dista moito da realidade que coñecemos os que traballamos neste ámbito. Pero bo é que poidamos falar e intercambiar información e propostas desde as distintas tipoloxías de bibliotecas. Só desde o coñecemento do outro e desde o respecto podemos construír pontes de colaboración.

Velaquí a miña parte da conversa na que tamén falamos do documento dos 4 retos para a bibliotecas escolar 2020, xerado na Jornada técnica “Biblioteca Escolar, cuestión de enfoque”, celebrada en Compostela o 23 de marzo de 2019, con asistencia de expertos en materia de lectura e bibliotecas, así como técnicos das administracións educativas das distintas CCAA e representantes do propio ministerio do ramo, organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos da consellería de Educación, responsable do programa de bibliotecas escolares.

Share

Deixa unha resposta