Biblioteca escolar, organismo vivo ao servizo das aprendizaxes

No curso 2020/2021 a Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación, Cultura e Universidade, a través da Asesoría de bibliotecas escolares organizou os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares (a gran cita anual que reúne a responsables de todas as bibliotecas integradas neste programa), nun formato virtual, pois a situación da pandemia pola covid19 impedía aínda as reunións presenciais de grandes colectivos. Este vídeo corresponde á miña intervención, en sesión plenaria para todos os asistentes e nela doulle un repaso (breve) ao modelo de biblioteca polo que está apostando desde hai tempo a adminsitración educativa galega e que se está a desenvolver, con excelentes resultados, grazas aos recursos destinados á actualización desta importante ferramenta educativa na nosa Comunidade, pero tamén e, sobre todo, grazas ao empeño e a profesionalidade do profesorado e á colaboración das comunidades educativas implicadas.

Share

Deixa unha resposta